De cando en cando pode que reciba unha mensaxe de correo que conteña un virus ou que ligue cun sitio web fraudulento. Este tipo de email é moi frecuente e é importante aprender como enfrentarse a el para evitar que o seu ordenador ou a súa información privada se vexan comprometidos ou sexan mal usados.
Estas mensaxes normalmente recíbense de persoas totalmente descoñecidas. Porén, ás veces un email pode parecer proceder dalguén que vostede coñece ainda que non o sexa. Isto é así porque é posíbel incluir un enderezo de envío falso nos emails.
O correo non querido (non solicitado) tende a pertencer a unha de varias categorías:
Correo lixo (spam), no que se lle ofrecen servizos e produtos que non quere
Emails timo (scam), nos que se lles pide axuda a cambio de grandes cantidades de diñeiro
O email con phishing, no que a mensaxe parece provir dun banco ou doutro servizo en liña e se lle pide que introduza a súa información persoal ou financeira, ou contrasinais.
A continuación preséntanse varias suxestións para manterse seguro en liña:
Nunca debería respostar as mensaxes non solicitadas, ou mesmo clicar nas ligazóns do correo. Facelo normalmente resulta en que lle chegará máis correo lixo.
Nunca prema en ligazóns en mensaxes de correo que conduzan a sitios webs nos que se lle pida o contrasinal ou algo parecido. É posíbel que o texto da ligazón mostre un enderezo, mais que, realmente, se abra noutro (posibelmente perigoso). En vez disto, escriba a ligazón no seu navegador vostede mesmo e continúe a partir daí.
Ao visitar un sitio web que lle pida información financeira, asegúrese de que é seguro. En Konqueror e en Firefox existen dúas áreas que notifican se a páxina actual é segura. A primeira área é a barra de enderezos. Se a páxina é segura, a barra de enderezos terá un fondo amarelo, así como un candado á dereita do enderezo. A segunda área é a barra de estado, que se sitúa abaixo á dereita na xanela de cada navegador. Se a páxina é segura, aparecerá un candado nesta área. Ao clicar en calquera dos candados, aparecerá un diálogo con explicación detallada acerca do tipo de licenza e seguranza desa páxina.
Descarregue e execute só software de fontes nas que confíe. Por omisión, só pode descarregar software directamente desde Ubuntu.